Resultados para "anorexia"

anorexia

A anorexia é unha enfermidade grave que fai que te sintas e te vexas gordo cando en realidade estás delgado e, por iso, decides deixar de comer até o punto de que podes chegar a morrer de fame.

Presentación

O Primeiro dicionario de medicina ilustrado é un libro que quere explicar o significado e o uso das palabras máis básicas que os nenos e as nenas escoitan e utilizan cando falan da súa saúde e das súas enfermidades. Este dicionario está destinado a nenos e nenas de seis a doce anos.