vacina
nome feminino
Unha vacina é unha substancia, case sempre líquida, que che pon o médico ou o enfermeiro, normalmente cunha inxección, para evitar que te poñas enfermo e previr enfermidades como a varicela, o xarampón, a gripe ou a covid-19. As vacinas fan que teñas anticorpos (popularmente chamados defensas) contra unha enfermidade e que sexa máis difícil que te infectes. Adóitannola poñer no brazo ou nas nádegas.