corpo humano

nome masculino

O corpo humano é todo o que nos forma e é moi importante porque nos permite vivir. Está formado polo esqueleto, os músculos, os órganos, como o corazón e os pulmóns, e a pel. Grazas ao corpo humano, podemos, por exemplo, camiñar, pensar, respirar, amar e facer as nosas necesidades.

Ás veces, dicimos só corpo para ser máis breves.