verruga
nome feminino
Unha verruga é un vulto (é dicir, unha prominencia) que che pode saír en calquera parte da pel, pero sobre todo aparece nas mans, os dedos, os brazos, as pernas e na planta dos pés. Normalmente, non doe. As verrugas son voluminosas, poden ser de distintos tamaños e a maioría son de cor marrón ou negra. Co tempo, algunhas verrugas poden desaparecer e outras, en cambio, non. Se te molestan ou non che gustan, un dermatólogo pódechas quitar.
