vertixe

nome feminino

A vertixe é a sensación de perder o equilibrio que che fai sentir que caes, que che dá voltas a cabeza e que tes un formigo na barriga. Normalmente, sentes vertixe cando sobes a lugares altos, como a terraza dun rañaceos, un teleférico, unha ponte elevada ou unha atracción das festas, e miras cara a abaixo. Ás veces, tamén podes ter vertixe porque che doen os ósos das cervicais, que son as vértebras do pescozo, ou porque tes un problema de oído.