dislexia

nome feminino

A dislexia é unha dificultade que teñen algunhas persoas para ler e escribir. Os nenos con dislexia, cando van ao colexio, poden ter algúns problemas para aprender porque confunden as letras, cústalles memorizar as táboas de multiplicar ou non entenden sempre o que leron.

Os logopedistas poden axudar as persoas que teñen dislexia.