discapacidade

nome feminino

Unha discapacidade é a falta de capacidade ou a dificultade para facer algo a causa dunha característica particular, que pode ser física ou mental, ou física e mental. Unha persoa pode ter unha discapacidade de nacemento ou como consecuencia dunha enfermidade ou dun accidente.

Un neno cunha discapacidade pode ter dificultades para ver, oír, falar, camiñar etc., facelo con outras capacidades ou non poder facelo. Os nenos con discapacidades moitas veces poden facer as mesmas cousas que unha persoa que non ten esta dificultade, pero doutra forma, por exemplo, usando próteses (como unha perna artificial) ou obxectos que lles axuden (como anteollos ou un bastón). Por exemplo, se non poden camiñar, se cadra si que poden desprazarse dun sitio ao outro cunha cadeira de rodas. En moitos casos, a discapacidade non lles impide poder ir ao colexio, facer deporte, xogar etc., e, de maiores, traballar coma o resto de persoas.

A discapacidade non é unha enfermidade.