enfermidade
nome feminino
As persoas temos unha enfermidade cando temos dor nunha ou en moitas partes do corpo. As enfermidades fan que non te sintas ben e que algunhas veces teñas que tomar medicamentos. Hai varias enfermidades: algunhas son graves e outras, menos graves. Hai enfermidades que duran pouco e enfermidades que poden durar moito tempo; mesmo hai enfermidades que son para toda a vida. Algunhas enfermidades pódense contaxiar (por exemplo, a varicela) e outras, non (por exemplo, o cancro). Ás veces, chámaselles trastorno.