dor
nome feminino
A dor é unha sensación de dano físico. Podes sentir dor cando, por exemplo, fas unha brecha, tes dor de cabeza, te queimas, rompes un óso ou tes unha carie. Hai dores máis fortes e outras máis febles. Cando sentes unha dor forte, mesmo podes berrar e chorar.
A dor tamén pode ser un sentimento interior porque tes unha pena por algunha cousa, por exemplo, pola morte dun ser querido ou porque te deixan de lado ou te insultan.