morte

nom feminino

A morte é cando se acaba a vida. Todos os seres vivos morremos: os humanos, os animais e as plantas. Cando morres, o corazón para e deixas de respirar. As persoas podemos morrer por diferentes motivos, como de vellos, por enfermidades, dun accidente grave ou porque nos matan.

nome masculino
Un morto é unha persoa que deixou de vivir.