molusco
nome masculino
Un molusco é un granciño moi pequeno, brando e redondo, que sae na pel e que, normalmente, aparece nos pés, no pescozo, nas pernas e nos brazos. Cando che saen moluscos tes que ir ao dermatólogo para que che dea unha crema ou para que chos quite.
Os moluscos son contaxiosos e aparecen cando a nosa pel toca a pel doutra persoa que os ten ou algún obxecto infectado; por esta razón, a miúdo collémolos na piscina, onde todo o mundo vai descalzo.