moco
nome masculino, normalmente úsase en plural mocos
Os mocos son unha substancia líquida, espesa e pegañenta que sae do nariz de todas as persoas. Normalmente, son de cor verde, pero ás veces tamén son amarelos ou transparentes. Poden saír cando as persoas están arrefriadas, con gripe ou teñen algunha alerxia. Os mocos non deixan respirar ben; por esta razón, temos que asoar o nariz.