miopía

nome feminino

A miopía é un problema dos ollos que fai que non poidas ver ben os obxectos que están lonxe. Cando tes miopía, tes que ir ao oculista e o máis probable é que che diga que tes que levar anteollos para ver ben. Ás veces, a miopía pódese corrixir cunha operación e entón non fai falta levar anteollos.