alerxia
nome feminino
Unha alerxia é unha reacción que ten o corpo cando non te sentes ben se tocas, comes ou estás preto dalgunha cousa, dun animal ou dunha planta. Por exemplo, podes ter alerxia ao po, ao pole, aos froitos secos ou ao pelo de can ou gato. Cada persoa pode reaccionar de xeito diferente. Pode que teñas tose ou esbirres, ou que che proia a pel e che saian grans, ou que se che inflamen algunhas partes do corpo, como os beizos, as mans etc. As alerxias non son contaxiosas e non todo o mundo as ten.