tose

nome feminino

A tose é o ruído que fas cando sacas aire dos pulmóns pola boca. Se tes tose, pódeche doer a gorxa e moitas veces tes mocos. Coa tose pódeslle contaxiar unha enfermidade a outra persoa. Para evitalo, cando toses tes que tapar a boca coa man ou co brazo.

Para non ter tose, ás veces tes que tomar un xarope ou pastillas. Podes ter tose porque estás arrefriado ou porque tes a gripe, unha alerxia ou algunha cousa rara na gorxa.