pastilla

nome feminino

Unha pastilla é un medicamento en forma de caramelo que tomas pola boca e que serve, por exemplo, para curar algunhas enfermidades, para calmar a tose ou para sacar a dor de cabeza. Os medicamentos en forma de pastillas adóitanos tomar os adultos porque aos nenos cústalles tragalas.

Ás veces, no canto de “pastilla”, podemos utilizar a palabra especializada comprimido, aínda que son medicamentos feitos dunha maneira un pouco diferente.