medicamento

nome masculino

Un medicamento é un produto para curar enfermidades e tómase cando unha persoa está enferma. Unha pastilla ou un xarope son medicamentos. Hai medicamentos naturais e outros que son substancias químicas.

Tamén podemos usar menciña, aínda que é unha palabra que se usa menos. Popularmente, úsase tamén remedio e os médicos tamén usan fármaco.