xarope
nome masculino
Un xarope é un medicamento líquido bastante espeso que se toma para facer baixar a febre ou para te sentir mellor cando tes, por exemplo, tose, arrefriado ou gripe. Moitos xaropes teñen un sabor doce de amorodo ou de laranxa.