arrefriado
nome masculino
O arrefriado é unha enfermidade contaxiosa que normalmente se produce por virus. Un arrefriado pódese coller en calquera momento do ano, pero é moito máis frecuente estar arrefriado cando vai frío ou cando hai moita humidade. O arrefriado afecta o nariz, a gorxa e o peito, que se inflaman, e fai que teñas moitos mocos, que tusas e que esbirres. Os arrefriados adoitan durar unha semana e, xeralmente, non tes febre e non te atopas moi mal.
Moitas veces confundimos arrefriado con gripe. Tamén se pode dicir constipado.