asma

nome feminino

A asma é unha enfermidade dos bronquios, que son os tubos por onde circula o aire dentro dos pulmóns. Fai que che custe respirar e que teñas a sensación de que afogas. Se tes asma, cando fas esforzos, como por exemplo correr, cansas antes que as persoas que non teñen asma. Nestes casos, moitas veces precisas un inhalador que che axude a respirar mellor.