febre
nome feminino
A febre é unha reacción a unha enfermidade ou a un virus que fai que a temperatura do corpo aumente e que estea moi quente. Para saber se tes febre, póñenche un termómetro. A febre empeza aos 38 ºC e as décimas de febre aos 37 ºC. Cando tes febre, xeralmente, dóeche a cabeza e non podes ir ao colexio porque tes que descansar. Ás veces, o pediatra pódeche receitar un medicamento para que che baixe a febre.