termómetro

nome masculino

Un termómetro é un aparello para medir a temperatura do corpo. Serve para saber se unha persoa ten febre ou non. Se estás a 38 graos ou máis, quere dicir que tes febre e que estás enfermo e, se estás a 36 graos, non tes febre. Se estás entre 37 e 38 graos, tes décimas de febre (chámase febrícula).

O termómetro adóitase poñer debaixo da axila, entre outras partes do corpo. Normalmente son dixitais e teñen unha pantalla onde podes ver a febre que tes.