pediatra
nome masculino e feminino
Un pediatra é o médico especializado en nenos e nenas. Vas visitalo para que che faga unha revisión de crecemento ou cando estás enfermo. Os pediatras contrólanche o peso e a altura, e examínanche as partes do corpo, como os oídos, os ollos, os pés, as costas, a barriga ou o pescozo. Tamén che recomendan vacinas para previr enfermidades e danche medicamentos se te sentes mal.
Esta palabra vén do grego antigo ped-, que significa ‘neno’, e –atra, que significa ‘medicina’, ‘médico’.