médico médica

nome masculino e feminino

Un médico é unha persoa que estudou Medicina e que se dedica a curar persoas enfermas ou feridas. Se tes calquera problema de saúde, aténdete, diche o que che pasa, cúrate ou explícache que tes que facer para te poñer ben. Se é necesario, recéitache un medicamento. Normalmente, leva unha bata branca.

Aos médicos e médicas tamén lles podemos chamar doutores e doutoras.