ferida
nome feminino
Unha ferida é un corte, unha lesión, unha queimadura ou calquera dano dunha parte do corpo. As feridas límpanse con auga e xabón. Cando fas unha ferida, adoita saír un pouco de sangue e, cando cura, péchase cunha bostela que cae despois duns días, se non a tocas. Ás veces, as feridas poden infectarse e hai que curalas con medicamentos.