sangue
nome feminino
O sangue é un líquido vermello e quente que circula polas veas e as arterias do corpo. O sangue é moi importante para vivir porque leva osíxeno ao corpo. Cando caemos ou nos cortamos, sáenos sangue da ferida. Aínda que depende do peso de cada persoa, as persoas adultas adoitan ter arredor duns cinco litros de sangue e os nenos e as nenas, uns dous litros.
Cando es maior e tes máis de 18 anos, podes doar sangue para curar persoas que están enfermas.