osíxeno

nome masculino

O osíxeno é unha substancia química transparente que está no aire. Respiramos osíxeno e todos os seres vivos o precisan para vivir. O sangue leva osíxeno desde os pulmóns a todas as partes do corpo. As plantas son moi importantes porque fabrican osíxeno.