otite

nome feminino

Unha otite é unha inflamación do oído que pode deberse a moitas causas, como unha acumulación de mocos ou porque che entrou auga no oído. Unha otite adoita doer e algunhas veces pode ter consecuencias graves; por iso é importante visitar o médico cando che doe o oído.

Esta palabra vén do grego antigo ot-, que significa ‘orella’, e –itis, que significa ‘inflamación’.

Popularmente dise dor de oído.