fisioterapeuta

nome masculino e feminino

Un fisioterapeuta é unha persoa especializada en recuperar o bo funcionamento dos ósos ou os músculos do corpo. Por exemplo, se che doen as costas ou un nocello, un fisioterapeuta pódete tratar con técnicas moi diversas, como auga, electricidade, masaxes, exercicios etc. Moitos equipos deportivos teñen fisioterapeutas para tratar as lesións dos xogadores.