queimadura
nome feminino
Unha queimadura é unha ferida na pel producida polo sol, polo lume ou por tocar un obxecto moi quente como un ferro de pasar enchufado. As queimaduras fortes, como as que fai o lume, adoitan deixar sinais na pel e son moi dolorosas. Cando te queimas, é importante non poñer nada ou só auga fría e ir decontado a un centro de atención primaria ou a un hospital.