O pus é un líquido espeso de cor branca ou amarela que se adoita formar cando tes unha infección, cando se che infecta unha ferida, cando che sae un gran etc. O pus pode aparecer en diferentes partes do corpo. Por exemplo, cando tes as anxinas inflamadas, sáenche puntiños de pus na gorxa.