gran
nome masculino
Un gran é un vulto, é dicir, unha prominencia, que che sae nalgunha parte do corpo. Normalmente, é de cor vermella, pero pode ser branco se ten graxa ou pus. Ás veces, pode molestar ou picar e telo que rascar. Se te rascas moito, rebenta, sáeche sangue e despois pódese infectar ou mesmo che pode quedar unha marca. Por iso, é mellor que se che vaia só, aínda que hai cremas para curalos. Os grans crecen sobre todo durante a adolescencia, pero tamén poden saír por outros motivos, como cando tes a varicela, cando tes a pel atópica, cando tes unha alerxia a algo ou cando te pica un insecto.
Cando é moi pequeno, podemos chamarlle granciño.