pel atópica

nome feminino

A pel atópica é unha enfermidade da pel que se caracteriza porque a pel é moi seca e saen unhas manchas vermellas que producen moito proído en zonas como os brazos, as pernas ou os xeonllos. O aire acondicionado, o cloro das piscinas e as temperaturas moi altas ou moi baixas, por exemplo, favorecen a aparición das manchas vermellas. Os nenos que teñen asma ou alerxias teñen máis posibilidades de ter a pel atópica. Cando temos a pel atópica, temos que usar xabóns especiais, hidratar a pel con crema e utilizar roupa ancha e de algodón para que a pel respire.

Tamén se pode usar a palabra eccema atópico.