proído

nome masculino

O proído é a sensación que tes cando, por exemplo, te pica unha abella, un mosquito ou un piollo. Cando tes proído, a pel pónseche vermella, inflámase e tes moita gana de rascarte. Cando tes a varicela, tamén tes moito proído. Ás veces, unha crema pode aliviarche o proído.