psicólogo psicóloga
nome masculino e feminino
Un psicólogo é unha persoa que estudou Psicoloxía e que axuda os nenos, e tamén as persoas maiores, a mellorar, solucionar os problemas que teñen por medio dun tratamento, que moitas veces consiste en falar do problema que lles preocupa.
O que se fala na consulta non sae de alí porque os psicólogos non poden dicir nada a ninguén do que se lles conta.
Esta palabra vén do grego antigo psico-, que significa ‘alma’, e –logo, que significa ‘especialista en’.