tratamento

nome masculino

Un tratamento é un conxunto de cousas que se teñen que facer para curar unha enfermidade ou un mal dalgunha parte do corpo. O tratamento pode facerse de diferentes modos: con medicamentos, cunha cirurxía, con métodos como a radioterapia, con técnicas de fisioterapia etc.

Tamén se pode usar a palabra terapia ou terapéutica.