trastorno por déficit de atención e hiperactividade
nome masculino
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é unha condición que fai que che custe concentrarte máis que aos demais (por iso se che fai máis difícil estudar e facer exames), e tamén estar quieto (por iso continuamente fas moitas actividades como correr ou xogar).
Como ten un nome moi longo, podemos usar unha sigla que se constrúe coa primeira letra de cada unha das palabras: TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade).