cirurxía

nome feminino

Unha cirurxía xeralmente empeza cun corte que fai un cirurxián cun bisturí na parte do corpo que che doe para quitar un órgano enfermo, curarche algunha enfermidade, arranxarche un óso etc. Para facerche unha cirurxía, anestésiante e, despois de operarte, cósenche ou grámpanche o corte. Os cirurxiáns adoitan facer as cirurxías en hospitais ou nas clínicas. Nalgúns casos, pódese facer unha cirurxía a través dalgún orificio natural do corpo, como o embigo ou a boca, sen que sexa necesario facer ningún corte.

Popularmente usamos operación.