científico científica
nome masculino e feminino
Un científico é unha persoa que fai ciencia e que traballa en laboratorios onde investiga e fai experimentos. Os científicos pensan, experimentan e buscan cousas novas e, ás veces, tamén crean un medicamento para curar unha enfermidade ou inventan unha vacina.
Marie Curie foi unha científica polaca que descubriu o radio, un elemento químico que hai na natureza que permite facer radiografías e tratamentos con radioterapia. Alexander Fleming foi un científico británico que descubriu a penicilina, un antibiótico que serve para curar infeccións.