radiografía
nome feminino
Unha radiografía é unha foto especial que che fan os radiólogos nunha sala cun aparato que usa unha forma de enerxía que permite ver a través do corpo, por exemplo, se tes un óso roto, se fixeches unha escordadura ou se tes unha pneumonía. Cando cha fan, tes que estar moi quieto. Cando acaban de facela, poden saber se todo está ben ou se teñen que escaiolar, vendar, receitar un medicamento ou facer algunha operación.