escordadura
nome feminino
Unha escordadura é unha lesión dos ligamentos, que son o conxunto de fibras que une os ósos coas articulacións. Esta lesión está causada porque os ligamentos se estiraron ou mesmo romperon. Por exemplo, unha torcedura do nocello fai que teñas unha escordadura nos ligamentos que o rodean. Podes ter unha escordadura en calquera articulación do corpo: no xeonllo, no nocello, no cóbado etc. Cando tes unha escordadura, o médico normalmente véndache a zona afectada; pero, se hai algún ligamento roto, pódeche pór xeso e mesmo operarte.