escaiola

nome feminino

Unha escaiola é unha especie de venda feita de xeso de cor branca, que se está mollada é branda e cando seca é moi dura. Utilízase para inmobilizar unha parte do corpo. Adóitase usar cando rompes un óso para facer que non movas esa parte do corpo e cure o óso, por iso tes que levala durante un tempo longo.

Actualmente, tamén hai médicos que, para inmobilizar unha parte do corpo, prefiren usar outros materiais máis cómodos que pesen menos e que che permitan, por exemplo, bañarte, que se chaman férulas.

Tamén podemos usar a palabra xeso.