epidemia

nome feminino

Nivel 1: Primaria

Unha epidemia é unha enfermidade que contaxia moita xente. Sucede cando un virus, como o da covid, unha bacteria (que pode causar, por exemplo, unha otite) ou mesmo un insecto parasito, como un piollo, se expande por unha vila, unha cidade ou un país e chega a todas as partes tan rápido que é necesario tomar medidas para controlalo e que non infecte máis persoas.

Unha maneira de frear as epidemias provocadas por un virus é, por exemplo, usar as máscaras, lavar as mans frecuentemente, manter a distancia de seguridade e poñer as vacinas.

Cando se estende por todo o mundo, convértese nunha pandemia.

Nivel 2: ESO

É unha enfermidade contaxiosa que se estende por un país grazas á propagación entre a poboación dun virus, dunha bacteria ou mesmo dun insecto. Trátase dunha situación grave contra a que hai que tomar precaucións, como, por exemplo, o uso de máscaras, o lavado de mans frecuente, a distancia de seguridade, o confinamento ou as vacinas.

Cando se estende por todo o mundo, convértese nunha pandemia.