bacteria
nome feminino
Unha bacteria é un ser vivo moi pequeno, é dicir, un microbio, que só se pode ver cun microscopio. Hai bacterias de moitos tipos diferentes; por exemplo, hai unhas que te protexen de enfermidades e outras que as provocan. As bacterias reprodúcense rapidamente. Por iso, é moi importante lavar as mans e limpar as feridas para que non se infecten con bacterias.