microbio
Nivel 1: Primaria
Un microbio é un organismo moi pequeno que pode estar en todas as partes (na auga, no aire, nas casas, nas persoas, nos parques, no campo, no polo norte, no deserto etc.) e que só se observa cun microscopio. Existen millóns de microbios diferentes, pero os máis importantes para as persoas son os virus, as bacterias e algúns fungos.
microbio
Nivel 2: ESO
Un microbio é un microorganismo unicelular observable só cun microscopio. Os microbios poden estar por todas as partes. Algúns poden causar enfermidades, aínda que a maioría son beneficiosos para as persoas e mesmo imprescindibles para vivir. Existen millóns de microbios diferentes, pero os máis importantes para as persoas agrúpanse en bacterias, virus e algúns fungos (os que teñen unha única célula). Algúns especialistas cren que os virus non se poden considerar estritamente microbios porque non teñen vida propia.