fungo

nome masculino

Un fungo é un ser vivo parasito que acostuma a vivir en lugares húmidos, como, por exemplo, nos pés, as uñas e as mans. Os fungos adoitan producir moito proído e hai que tratalos cunha crema, aínda que custa que desaparezan porque se reproducen moi rapidamente.