fractura

nom feminino

Unha fractura é unha rotura dunha parte do corpo, especialmente dun óso, un ligamento (une ósos con articulacións) ou un tendón (une ósos con músculos), e doe moito. Cando rompes algunha parte do corpo, fanche unha radiografía, enxésano e, cando che quitan a escaiola, recoméndanche que fagas exercicios para recuperar o movemento Ás veces, segundo como sexa a fractura, téñente que operar.