golpe de calor
nome masculino
Un golpe de calor é un aumento repentino da temperatura do corpo. Adoita pasar sobre todo no verán, cando estás demasiado tempo ao sol sen protección ou cando fas moito exercicio físico. Cando tes un golpe de calor, a pel ponse vermella, dóeche moito a cabeza, tes febre, maréaste e mesmo te podes desmaiar. Para evitar ter un golpe de calor, tes que beber auga, pór unha gorra e non facer exercicio durante as horas en que o sol é máis forte.
Se o golpe de calor é porque che deu moito tempo o sol, tamén se pode chamar insolación.