crema

nome feminino

Unha crema é un produto pastoso que se pon nalgunha parte da pel do corpo. As cremas poden estar feitas con produtos químicos ou naturais ou cunha mestura dos dous. Hai moitos tipos de cremas: unhas son medicamentos e outras son para coidarmos a pel. Por exemplo, cremas para o sol, cremas para a pel de todo o corpo ou só para unha parte, como os beizos ou as mans, cremas para cando das un golpe ou fas unha queimadura, cremas para picaduras de mosquito, para grans ou para feridas etc.

Tamén se pode usar pomada, pero é unha palabra que cada vez se usa menos con este significado.