covid-19
Nivel 1: Primaria
A covid-19 é unha enfermidade infecciosa, moi contaxiosa, causada por un virus da familia dos coronavirus, clamado SARS-CoV-2. A covid-19 estendeuse moi rapidamente e en 2020 converteuse nunha pandemia que afectou a todos os países do mundo.
O nome desta enfermidade é unha sigla formada polas primeiras letras das seguintes palabras inglesas: COrona VIrus Disease (que significa ‘enfermidade do coronavirus’) e 19 de 2019, porque é o ano en que apareceu o virus por primeira vez.
Popularmente, úsase o termo acurtado covid.
covid-19
Nivel 2: ESO
A covid-19 é unha enfermidade infecciosa, moi contaxiosa, causada por un virus da familia dos coronavirus denominado SARS-CoV-2. En 2020, a covid-19 estendeuse moi rapidamente e converteuse nunha pandemia.
O nome desta enfermidade é unha sigla formada polas primeiras letras das seguintes palabras inglesas: COrona VIrus Disease (que significa ‘enfermidade do coronavirus’) e 19 de 2019, porque é o ano en que apareceu o virus por primeira vez.
Popularmente, úsase o termo abreviado covid. En cambio, os especialistas adoitan usar con máis frecuencia COVID-19, escrito en maiúsculas.